
Hai uns días rematei de ler Fanerógama, de Mariña Pérez Rei, hoxe rematei Biolencia e teño pola metade Aporías do tempo fuxidio de Luciano Piñeiro González. Para non desbarrar moito direi que paga a pena ler os tres e que ademáis Biolencia é un poemario anónimo en rede, que xunto co aliciente dun texto atractivo e trascendente nos posts ten tamén uns comentarios cheos de referencias bibliográficas ricas abondo para os que gustan de análises sociolóxicas e textuais. E por riba de todo o texto vai acompañado cunha serie de collages moi expresivos, como o que copio nesta entrada.
Tamén relín Primavera con una esquina rota, de Benedetti. E precisamente non sei que facer con este último libro. Non sei se queimalo na praia de Riazor, en plan tributo ó meu heroe Carvalho, ou se deixalo esquecido na mesa dun bar. Sí, sei que Ana vai responder: Damo a mín!, pero non, porque o dela é mero fetichismo, un exemplo máis do consumismo inútil e cosificador. E eu non sei porqué, pero non quero máis libros nestas estanterías desordenadas e afundidas. Por iso, se escoito unha frase máis sobre a bondade dos libros, e como estes nos han liberar e bla bla bla, vou vomitar. Merda! Non se achega o fodido mes do libro? …uffffff . Valor! Qué empacho imos ter nos medios!
Alguén queimou algunha vez un libro? a que saberán as cinzas dun exemplar de Benedetti mercado nun rastro de Bos Aires? En canto pare de chover vouno probar e prometo sacar foto. A todo isto, e para quen non o teña lido, eche un libro moi bo, sentimental, duro, realista…. pero sucede que agora mesmo non aturo a Benedetti (quen o diría sendo un dos meus poetas favoritos), nin sequera cando recita en alemán na película El lado oscuro del corazón.

5 Comments
Por favor non queimes o libro de Benedetti nin ningún outro. Non lle sentaría ben ese tributo ao teu heroe Carvalho, ademáis…”os libros arden mal….” É preferible a segunda das opcións, que o deixes esquecido na mesa de calquera bar, algúen baterá con esa esquina rota e comprenderá que tralo inverno senmpre hai unha primavera aínda que sexa mutilada… E agora vomita, creo que che fai falla, despois reforza as túas estanterías para que non afundan e restablece sobre elas a anarquia…
Decir só que a esta fetichista dos libros molestarialle moito se fas iso, pero non me sorprendería. É unha pena que vaias a queimalo, cando eu ainda teño esa lectura pendente. É unha pena que esteas desilusionada con Benedetti; por iso, antes de satisfacer a túa curiosidade de pirómana de libros, recomendote que leas o último “Vivir a adrede”.Por certo ,VIVA O EMPACHO DE LIBROS!!!Non rebentaremos
Non dixen que me desilusione Benedetti, só que nestes momentos non aturo lelo, que é bastante distinto. De tódolos xeitos tranquis fanáticas dos libros, non o vou queimar porque ben certo é (parafraseando a Marx) que os feitos se repiten a primeira vez como traxedia e a segunda como farsa, e así non paga a pena facer a performance de queimar o libro como quen queima a cultura. Por certo das moitas veces que Carvalho queima libros gústame cando o fai en Quinteto de Buenos Aires e de cómo lle reprochan que o faga.
Xa vexo que as súas indagacións webeiras foron precisas e rápidas. Grazas pola confidencialidade e por ter lido ‘Biolencia’. Intentarei facerlle chegar o ‘premio’ correspondente.
De nada, ex cave, foi todo un pracer