
Convocado o IV Premio Artigos Xornalísticos Normalizadores do concello de Carballo.
O artigos xornalísticos deben ser inéditos, de opinión e teñen que abordar o tema da defensa e a promoción da lingua galega. Os artigos presentados deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres, con espazos incluídos, e o prazo de admisión estará aberto ata o vindeiro 18 de abril. Os traballos deben remitirse ao Concello de Carballo. Para máis información, chamar ao número 981 704 304.Outorgaranse dous premios económicos, un primeiro de 1.000 euros e un segundo de 350 euros.
Ler máis na páxina do Concello de Carballo
