Levo un tempo so poñendo enlaces na páxina, pero hoxe levanteime guerreira e con ganas de protestar. Porque estaba vendo as páxinas de dous concursos dos que xa temos falado aquí: o de ferve a rede e o de Amosanos o que les 2008, e reflexionando sobre a votación polular cheguei á conclusión de que iso é unha merda. Bueno, se cada persoa ten un voto, non me opoño. Pero cómo se pode chamar votación popular ós votos que recibe unha foto ou relato se no caso do primeiro só precisas facerche trinta ou cincoenta cuentas de email en gmail ou yahoo para logo votar por ti mesmo (non digo que os participantes o estean facendo), e no caso do segundo podes pasarte o puto día votando polo teu relato con só reiniciar o router e conseguir outra ip.
Para ser sinceiros o concurso de ferve a rede paréceme xusto na medida en que o premio decídeo un xurado. Pero non entendo iso de que se terá en conta a votación do público xa que o prazo remataba o día 10 e polo tanto os que enviaron de último vense perxudicados por esa votación na páxina. De feito hai textos boísimos do último momento que superan a outros con máis de cen votos. Así que me gustaría saber se enviar o último día penaliza ou non, porque está claro que así tes menos puntos na web. E sobre este último concurso, non vos pareceu que había moitísimos máis relatos pornos que eróticos? Y que conste que os relatos pornos tamén me gustan.
En fín, levanteime puntillosa, como poden ver.

2 Comments
en lo de los relatos si que deberian haber subido los textos una vez acabado el plazo de entrega, o sea, todos al mismo tiempo, me parece lo mas justo, de lo otro no se nada
ah, me olvidaba, tampoco está bien concursar con un nick que ya es conocido en la red, por ser el nick que usas en tu blog o en el mismo vieiros para comentar noticias. un concurso que no es totalmente anonimo tampoco me parece igualitario ni justo.