
Hai uns días recibin unha carta. Das de verdade, non desas que só son marketing ou propaganda das entidades financieiras. Hoxe volteina ler e asómbreime con a cantidade de detalles que me da o autor da mesma sobre feitos cotias. Sucede que cos emails remato escribindo sempre con presas e de xeito telegráfico. Así que estou contenta porque recibín unha carta de catro páxinas de extensión.
Por outra banda, aproveitando o tema anímovos a que leades algunhas das cartas de personaxes famosos que poderedes atopar na páxina de Cartas famosas de la historia . Poderedes atopar autores coma Herman Hesse, Jack London, Perón, Unamuno, Chejov, Onetti, Cortazar, Trotsky, Huidobro…
