A ver se esta fin de semana teño tempo de lerme La gran guía de los blogs. Xa me baixei a edición escaneada e ten boa pinta.
Visto en Im-Pulso
Claro que entre buscar traballo, escribir poesía e preparar unha oposición non queda moito tempo.
Por certo, non podo evitar o cotilleo. Hoxe nunha entrevista de traballo en grupo preguntáronlle a unha moza que tal estaba de coñecementos de informática. E a moza dixo: “Genial, mi novio es ingeniero informático“. Pagou a pena perder o tempo so por ter esta anécdota, aínda me estou rindo. Eu pensaba que xa non se levaba aquilo de filla de, ou señora de, pero polo visto ser novia dun informático imprime carácter e habilidades tecnolóxicas per se.

One Comment
éche xentiña para todo!!!
o malo non é que o dixese senon que con toda seguridade o pensa!!!