Lecturas e códigos

Comprendí que debía jubilarme cuando mis alumnos de 4º de la ESO me dijeron a las claras que ni entendían ni les gustaba la poesía de Antonio Machado.

Carta dun profesor a El País. Lido en A canción do naufrago

É algo obvio que todos temos uns límites de aguante, e cando os rebasamos chega a decepción. Sen ánimo de molestar ó autor de tal comentario, o argumento paréceme estúpido. Tamen podería decir que “comprendín que tiña que ser profesor cando vin que ningún rapaz entendía a poesía de Machado”.

En fin, divagacións aparte, eu estou algo farta de ler e escoitar comentarios sobre os mozos incultos, ignorantes e demáis epítetos. Cada xeración adícase a insultar e degradar a máis nova, por envidia xeneracional?
E se un mozo non entende a Machado haberá que saber se se debe a que non entende o código (algo frecuente con tanto analfabetismo funcional latente) ou se se debe a que non lle gusta nin interesa porque non lle importa un pito a mensaxe, porque se move por outras necesidades (espúreas se tal) máis imperiosas, aquelas que lles creou esta sociedade do primer mundo.

Hoxe ollei nun periódico gratuito un titular sobre os baixos índices de lectura en Galicia. E penso que hai moito victimismo. Non len porque non queren e non lles da a puta gana. Tampouco é para tanto. Tampouco é tan raro. E de ler moito ¿Qué lerían? Tal vez “Quien se ha comido mi queso”?. Non van ler os fillos o que non len os pais, non?. De todolos xeitos, a lectura non nos vai salvar de todo, e menos aliciente ten cando vemos tanto burro con traxe a mandar.

E para frivolizar algo un video de Shin Chan fomentando a lectura.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*