Amósanos o que les 2008

Hai un concurso de fotografía das Bibliotecas municipais de Coruña. Isto sírveme de excusa para colocar aquí unha foto de Ana, disfrazada de Pipi, lendo un libro de poemas de Caballero Bonald (se a memoria non me falla) que acababa de chegarlle á tenda.

trasnoviaxeiro.jpg

A min gustaríame enviar ó concurso a foto que me fixo pereyra lendo a Saramago. Un libro,  un café con leite e unha apetitosa media lúa,  ¿haberá pracer máis sublime que ler tomando café e un bolo dulce? Sí, diría eu, fumar logo un pitillo…. Pero, deixo de divagar, e laméntome de ter sacado esa foto cunha vella máquina de fotos que non chegaba ós tres megapixels que se piden agora no concurso mencionado. Pero,  verdade que a foto mola? E a ti,  onde te gusta ler?

medialuna2.jpg

2 Comments

  1. Posted 05/2/2008 at 11:26 pm | Permalink

    en sintonía cun costume espallado nesta cidade, gustame ler no bus. Gustame estar rodeada de xente pero ao mesmo tempo mais soa que en ningun outro sitio. Gustame o movemento, case abaneo, do bus. E tamén a falta de interrupcións (bueno… case).

  2. Posted 06/2/2008 at 11:18 am | Permalink

    Eu non son capaz de ler no bus, maréome co movemento. No subte si que leo ben. E xa que o mencionas, en ningunha outra cidade como en Bos Aires vin nunca tanta cantidade de xente cun libro nas masn, no bus, no subte, nas paradas, nas prazas….Diría que ate os gatos len.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*