Hoxe estiven nunha das bibliotecas municipais de A Coruña e mentras estaba sentada nunha mesa escoitaba a xente que chegaba e preguntaba por libros. Fíxome gracia o feito de que todos recitasen a mesma lista:
Tienes el de Boris?
No, está prestado.
Y el de Millás?
También está prestado
Y el de Follet?
Ese está reservado ya.
Y luego, no tendrás la Bodega o el de Zafón?
Lo siento, también están prestados.
Así sucedeu con varias persoas, e o que me resultou curioso non foi os títulos polos que preguntaban, senón que quedaban abatidos e algúns ate marcharon sen levarse ningún libro. Como ignorando que estaban rodeados de estanterías cheiñas de cousas interesantes. A outra cousa que me chamou a atención foi que a xente pregunte no mostrador por todolos libros que lles interesa, como se tiveran medo de que o ordenador que hai para consulta de fondos lles fose morder.
Xa por último, anécdota especial:
Achégase unha muller a devolver o ultimo libro de Boris e ponse a comentar coa bibliotecaria: -Noooo, no es bueno. Se deja leer hasta el final, pero es un enredo de cosas e historias que pasan en Venezuela, como una telenovela, no sabes?. Se nota que los premios esos están amañados porque este libro es malo. Y el del otro, el Millas tampoco me gustó. Tiene algunas cosas que sí, cuenta cosas de cuando yo esta pequeña, pero se le nota que es tendencioso.
A señora despois de preguntar polos mesmos libros que citei máis arriba pregúntalle:
Y no tendrás el de Ussía? Ese que se titula ¡Milagro! se ha muerto mamá. Es que a mí leer a Ussía me relaja mucho.
Eu teño lido moitas cousas sobre dito periodista pero o de que relaxa non o escoitara nunca.
