

Menudo atracón de lecturas entre decembro e hoxe. Pero agora penso descansar e meterme na pel do meu detective favorito, o sarcástico Marlowe. A primeira foto amosa algúns dos libros que xa lin. Na segunda están os que vou voltar ler, pra relaxarme e darme tempo mentras atopo en internet os último oito capítulos de Los Soprano dobrados ó castelán. Sí seino, como unha muller tan tenra coma min pode disfrutar vendo a mafia mallar en xente inocente? Son carne de tv, que se lle vai facer?
Aí vai a lista dos libros que xa tachei da lista, tachan tachan… (Vas flipar Ana!)
A lúa dos everglades de Xesús Manuel Marcos
Limpeza de sangue de Rubén Ruibal
O lobo da xente de Alberte Momán
Infidelicidades de M. Lourenzo Gonzalez
Xeografías, Spam, As palabras da neboa e Xeración Perdida de Francisco Castro
Desconcerto e Paisaxes do baleiro de Eva Veiga
A xeada negra de Xoán Ramón Díaz
Cardume de Rexina Vega
Obra poética 3 de Borges
Nota: tres destes libros son narracións moi quentes, moi adecuadas para o inverno.

3 Comments
Polo que me tocou, grazas.
Pois xa podía criticar un pouco… ;-D
¡Moitas gracias!
Hei criticar e con moito gusto, pero son perfeccionista e non me vai facer crítica á lixeira. así que en canto atope un oco póñome a tarefa.
One Trackback
[…] peticións pedindo reseñas, rapidiño e morta de sono, solto un par de impresións daquela enchenta do Nadal. (Agora tamén estou lendo algo, pero non o direi para que non me veñan reclamando críticas ou […]