Descubrindo A Guarda

En A Guarda, este nadal descubrín un lugar moi fermoso que ate ben pouco estaba en mans privadas. Trátase da fortaleza de Santa Cruz. Pode parecer extraño que sendo nativas de A Guarda nen a libreira nen eu coñeceramos o castelo de Santa Cruz. Sí, de oidas, ate na wikipedia falan de dita fortaleza. Eu so coñecía un alto muro que rodeaba unha finca inmensa na que se divisaban longas e frondosas árbores. Segundo me enterei por colegas o concello de A Guarda mercou o espacio do antigo castelo. Non sei se no trato ía incluido o permiso de construcción de catro mega edificios a beira do castelo. Quero dicir que non dispoño de información de se os permisos de edificar á beira desa muralla histórica teñen algo que ver co que por fin os donos venderan o castelo ó concello.

pc246555.jpg

(Máis fotos dentro)

Sen máis lerias, por fin, e antes de cumplir os coarenta anos foime dada a posibilidade de coñecer o monumento histórico guardés. Metinme entre silvas e toxos para sacar unhas fotos da muralla á beira da construcción das torres novas e voilá, despois de camiñar un rato cheguei á porta de entrada que estaba aberta e entrei. A verdade é que o lugar mola mogollón. Estaba cheo de silvas e herbas altas, hai unha vella casa abandoada, unha vella fonte, e unhas árbores preciosas. A miña preocupación e saber que fará agora o concello de A Guarda. Enviará ós xardineiros municipais a mutilar e por en orde versallesco a flora do lugar? Serán capaces de por baldosas en toda a fortaleza? Que dis tola?- dirán algúns. Pero cada un sabe a quen ten. E cando os técnicos municipais ven herbas crecendo libres encantalles podar e poñer os alumnos da escola taller a colocar baldosas por todas partes.

De feito vin unha parte da muralla do castelo de Santa Cruz cunha pinta extrañamente noviña. Xa sabedes que cando hai algo en ruinas ós galegos gústalles enviar os alumnos da escola taller a sacar as pedras vellas e fan un muro novo de granito.

pc246646.jpg

pc246607.jpg

pc246578.jpg

pc246621.jpg

pc246620.jpg

Aquí vemos a porta que estaba aberta no castelo de Santa Cruz e ó fondo o monte Torroso.

pc246586.jpg

Como propina turística deixo unha foto sacada dende o Niño do Corvo, no Rosal. Pódese ver ó fondo o monte do Tegra e Portugal divididos polo estuario do río Miño.

pc246688.jpg

5 Comments

  1. Posted 08/1/2008 at 6:37 am | Permalink

    É vostede guardesa?
    Eu tamén o son por parte materna, bueno en realidade son de Salcidos! :D
    Que agradable sorpresa.

    Indo ó tema do post: eu tampouco coñecía esa edificación, igual ca vostede só gardo un pequeno recordo de fará uns anos, sendo un neno, de mirar un inmenso muro e as árbores.

  2. Posted 08/1/2008 at 9:34 am | Permalink

    O mesmo recordo que teño eu do castelo Termi:muros altos e longos, non é unha vergoña tal retraso en ter acceso ó patrimonio histórico? E xa de paso direi algo que non ven a conto pero que sempre me molestou de A Guarda. Trátase do feito de que te cobren na subida ó monte Tegra. Xustificano dicindo que é porque vas visitar patrimonio histórico, pero entón que te cobren por entrar no museo ou no recinto castrexo. Pero claro, como a maioria da xente do que goza e de contemplar a posta de sol e a panoramica do estuario, veña a soltar cartos igual. Unha verdadeira vergoña e un atraco!
    E sí, Ana e eu eramos dalí, agora a libreira é de Milladoiro e eu aínda non sei de onde, estou buscando patria e resultame difícil decidirme. Salcidos mola polo retorcido das suas rúas, ainda lembro o meu medo cando me metia por alí co peugot 505, qué estrés!

  3. Posted 08/1/2008 at 10:58 pm | Permalink

    jajajaja
    Eu levo bastante tempo sen pasar por aí, teño que ir visitar ós meus avós. Pero agora parece que está todo máis ancho.
    Vaia agobio era meterse!

    Un detalle, así a modo filólogo, xa dende un tempiño, non moito. Aceptouse porlle o nome segundo a fala da zona ó monte. Así como é Guarda e non Garda (agh!) O monte é Trega e non Tegra, para a maior parte dos guardeses sempre foi así, agora tamén o é de xeito oficial!

  4. Posted 08/1/2008 at 11:46 pm | Permalink

    Uhhhhhhhhh, aí pillasteme. Cando ía ó instituto a vila chamábase, na miña casa A Ghuardia, na escola dixéronme que en realidade o nome era: La Guardia, A Guarda, A Guarda, A Garda, e o monte era Tecla, Tegra, Trega e non sei se me deixei algo, polo cal, e pese a ser galegofalante de toda a vida, non sei como chamar á miña vila e monte natal. Menuda carallada. Por suposto teño en conta as túas anotación. Verás que agora uso o termo “vila” e non “pobo”. Pero é que ainda enrriba, pasei uns anos lonxe de Galicia e voltaronme cambiar a normativa. E unha xa vai vella. Eu estou disposta a reformarme, pero que non me fagan máis cambios que toleo.

  5. Posted 12/1/2008 at 6:39 pm | Permalink

    Entón non sigas á normativa, sé coma min: a lingua faina o pobo!

    O monte Treja/Trega.
    A Guarda.
    Sabarís (de onde son eu).

    E nada de Gardas, Tegras e Sabarices. xDDD

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*