

Para o novo ano estaría ben ir facendose cunha axenda. Eu xa teño a miña. Podes conseguir unha igual nas tendas de comercio xusto ou aquí. Aínda que non sei para qué porque sempre acumulo axendas que so teñen anotacións no mes de xaneiro. Logo esquezome de anotar nada. Cando quero apuntar unha cita non atopo a axenda, ou cando quero comprobar algo non atopo a axenda. E como proba do que digo teño axendas amontoadas dende os anos 80. ¿E logo non as tiro? Pois non, porque sempre me digo que hei usalas para facer anotacións e así aproveitar o papel. Pero vese que non fago moitas anotacións e siguen ahí baleiras.
Outra axenda curiosa que vin pola tenda foi a que está adicada a poetas galegas, editada por A Nosa Terra Nada que ver coas típicas axendas con portadas de princesas demacradas e que semellan a piques de desmaiarse.

Este modelo de axenda, coa gomiña arredor (tipo moleskine) gústame bastante. Aínda que eu a preferiría toda de cor negro. Está demasiado feminina para o meu gusto, claro que como mostra do que nunca mercaría nen para mín nen para agasallar a ninguén está este Manual de las chicas, cheo de recetas máxicas para estar fermosa e consellos para adolescentes dubidosas e con hormonas no punto de ebullición.

