Estrenamos diseño e aproveitamos para pedirlle ós monárquicos que se apuren coas cartas para o cofre real da libraría. Os republicanos poden deixar as súas tamén pero igual non lle dan regalo por desleais. Non sei como funcionara isto dos Reis Magos. A mín nunca me trouxeron nada.

Tamén, de paso colocamos no blog algunhas das postais recibidas estes días.
a da Faktoria K de libros

A de Oqo

E a de Kalandraka


4 Comments
parece que desmonta un pouco co novo deseño, botádelle un ollo
Se o de desmontarse o dis polo trasno subido na cabeceira das follas é a propósito. Temos un diseñador moi estrambótico e que gusta de descadrarse. Como xa o demostrou no menú do blog de Y logico.
De todas formas é posible que exista algún erro por aí solto que iremos correxindo nestes días. Pero o do menú superposto é unha marca do diseñador.
Por outra banda, quería comentar que a postal que máis me gustou, sen peloteos, foi a dese animal tan seductor, cun bandullo tan suxerente e sexy. Éche unha felicitación moi erótica.
pois dicíao precisamente por iso do superposto; se é feito a posta non me gusta muito, porque parece que desmonta ou é un erro.
e obrigado polo da postal
Parabéns polo redeseño. A min gústame.