Como xa anunciaramos tivo lugar o martes 11 a presentación do libro:
O val do Ulla. Unha comarca natural
Editado por: Asociacion raiceiros.
Autores : Henrique e Xerardo Neira Pereira, Andrés Tarrío Barreiro, Gerardo Albela González, Darío Janeiro Pereira e José Manuel Vilas Álvarez.
Na presentación destacouse a necesidade de dispor de información sobre a arte e as zonas de interés natural que temos na nosa comarca. Así como a importancia desta última como unidade cultural e paisaxística que engloba características comúns a todalas parroquias que nela se incluen.

Os autores posando co libro presentado.


O alcalde Martiño Noriega e a concelleira de Cultura, Carme Hermida.


