Implicadas/os no desenvolvemento

implicados07.gif

III IMPLÍCATE! NOITE DE MÚSICA E PALABRA SOLIDARIA
Varios artistas galegos colaboran no evento de hoxe a prol da sensibilización cidadá e da cooperación: a partir das 20.30 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Isabel Blanco e Yolanda Castaño que presentarán e conducirán o evento. O longo do acto haberá actuacións de danza, teatro, música e poesía a cargo de:
Nova Galega de Danza e María Reimóndez no apartado de danza
Iria Piñeiro e Paula Carballeira en teatro
os grupos Loretta Martin e Espido en música
As poetas María Lado, Antón Lopo, Estíbaliz Espinosa e Miguel Anxo Fernán-Vello.

As entradas para Implícate! Noite de música e palabra solidaria pódense mercar a través do servizo de vendas de Caixa Galicia (a través da web e do teléfono 902 434443), no propio Teatro Principal, ou no local de Implicadas en Vigo (Camelias, 49 - escaleira). O prezo é de
10€ entrada xeral e 6€ para estudantado.

O obxectivo de Implícate! Noite de música e palabra solidaria, no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega. O propósito principal deste evento é dar a coñecer o traballo desta organización de cooperación ao desenvolvemento galega, invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar o mundo, dende Galicia, dende a conciencia crítica e a acción clara. Igualmente, os cartos recadados con esta iniciativa destinaranse integramente a financiar proxectos de cooperación para o desenvolvemento de Implicadas.

Se non podes acudir podes colaborar mercando a axenda 2008 de Implicadas na súa páxina web.

One Comment

  1. Posted 17/12/2007 at 2:06 am | Permalink

    Como sé que ella no lo dirá, lo digo yo: Hormiga recibió esta noche el segundo premio de relato. Está muy contenta, y yo también :)
    Hoy he podido conocer de vista a unos cuantos blogeros habituales, aunque no me he atrevido a saludarlos. Ha sido una velada hermosa.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*