De lípidos, glúcidos e casas tomadas

casa.jpgO mellor dos contos fantásticos é que plantexan temas moi reais. Como dí Cortazar, nesta entrevista, hai segundas e terceiras interpretacións do que o escritor escribe. Cortazar fala de como o relato Casa tomada xurdiu dun pesadelo: había unha presencia que o perseguía e que lle causaba medo.

Nestes tempos invádeme con frecuencia unha imaxe. Vexo ós outros tentando botarme da miña casa (e os outros non son okupas). Vou renunciando a espacios que me usurpan e vexo cada día máis lugares vedados ó transito.  Entón lembrome de Cortazar e de cando lín Los premios e Casa Tomada. Lémbrome dos lípidos e dos glúcidos.

Me parece que los lípidos y los prótidos deben ser los enemigos de los hormigombres.

Algúns meditan sesudamente sobre se  o autor quixo denunciar o peronismo ou aluden a este relato para facer unha defensa a ultranza da propiedade privada. O que a min me suxiren estas obras é que cada día renunciamos a máis cousas propias.los-premios.jpg

Renunciamos ó noso espacio, ás cousas que nos son máis gratas, renunciamos a decidir. Temos medo a  perder a tranquilidade ficticia e deixamos que nos vendan calqueira excusa. Cremos o que nos din porque queremos crer, porque necesitamos as mentiras, porque temos medo.

Outro motivo para recomendar a lectura de Los Premios é a gran riqueza de vocabulario porteño que ten. Disfrutei moitisimo cos xiros e modismos de personaxes coma El Pelusa que me lembraron outro conto de Cortazar, Torito, de gran riqueza expresiva. No video recomendado máis arriba comenta o escritor o cambio que sufriu el mesmo e os seus prexuizos clasistas, ó longo da escritura de Los premios, respecto deste personaxe.

¿Alguén propón outras lecturas destas obras?

Deixo un extracto que me gustou dos soliloquios que ten un personaxe chamado Persio cando fala do himno nacional arxentino.

¿Por qué no defenestrar antes que nada el peso venenoso de una historia de papel de obra, negarse a la commemoración, pesarse el corazón en una balanza de lágrimas y ayuno? Oh, Argentina, ¿por qué ese miedo al miedo, ese vacío para disimular el vacío? En vez del juicio de los muertos, ilustre de papiros,  ¿por qué no nuestro juicio de los vivos, la cabeza que se rompe contra la pirámide de Mayo para que al fin la tercera mano nazca con un hacha de diamante y de pan, su flor de tiempo nuevo, su mañana de ilustración y coalescencia? ¿Quién es ese hijo de puta que habla de laureles que supimos conseguir? ¿Nosotros, nosotros conseguimos los laureles? ¿Pero es posible que seamos tan canallas?

One Comment

  1. Posted 08/12/2007 at 2:12 am | Permalink

    que grande entrevista esa, téñoa en VHS, despois enterei que a sacaran en DVD :/ algún día terei que ver de dixitalizala, xunto cun documental que botaran hai 3 anos non lembro en que canle co gallo do 20 cabodano.
    Eu lin Los Premios hai xa anos e non lembro moitos detalles, pero si lembro que gustara, aínda que igual non conta porque son bastante “cortazaropio”.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*