Lecturas

antiborges.jpgSeguimos lendo: a libreira entre traballo, máis traballo e festas desenfrenadas rematou de ler La ladrona de libros de Markus Zusak, Cuspirei sobre as vosas tumbas e O señor Ibrahim e as flores do Corán. Eu vin a peli basada neste último libro, e a recomendo con moito entusismo.

Pola miña banda ando en múltiples tarefas como é propio dunha mente dispersa e multitarefa: Pornografía de Boris Vian, Pornografía de Lupe Gómez (xuro que foi coincidencia) , Antiborges de M. Lafforgue, e varios relatos de Borges.

E logo din que non lemos nadiña. Ah, tamén ando ó tanto co tema da enquisa PISA: PISA Morena ¡Subimos UN Punto!

Título: Cuspirei sobre as vosas tumbas
Autor: Boris Vian
Tradución: Gippini, David
Ano de Publicación. 2007
Xénero. Narrativa
Editorial. Faktoría K de libros

O relato da cruel vinganza contra unha sociedade opresora, excluínte e marxinadora cos individuos doutras razas, aos que considera inferiores. Seguindo un plan premeditado, o protagonista participará en orxías onde o sexo e a violencia son a reacción de rebeldía ás convencións morais da época.
Boris Vian escribiu “J´irai cracher sur vos tombes”, novela sórdida, provocadora e desafiante, debedora da novela negra, en 1943. A súa publicación, baixo pseudónimo, estivo marcada polo escándalo que aínda hoxe acompaña a silba lectura, non recomendada para menores de 18 anos.
De ritmo áxil, linguaxe suxerente e directa, a intriga e a dureza do relato atrapan a atención dos lectores e lectoras, que verá posta a proba a súa sensibilidade en cada páxina. Saltándose todos os límites do politicamente correcto, esta “historia dunha vinganza” aporta unha visión diferente e mordaz sobre o fenómeno do racismo, ao tempo que rezuma a rabia, o odio e a carraxe das súas víctimas.
[Presentación editorial]

3 pensamientos en “Lecturas

  1. Ana

    Xa ves, hai tempo para todo, e como onte non saín de farra levanteime esplendidamente para traballar e ter un domingo de cine. Que vai tempo que non frecuento as salas como di un bo amigo noso. Por iso,non estou dacordo coa afirmación de que non hai tempo para ler.

    Como di a protagonista de “La ladrona de libros” “… en un lugar dichoso…con los hermosos libros de cuidados títulos…adoro y detesto este lugar porque lo habitan las palabras… que hijos de puta ,pensó. Que adorables hijos de puta. No me hagais feliz. Por favor, no me cameleis y me dejeis creer que algo bueno puede salir de todo esto…”

    Disfrutei moito coa lectura de estos tres libros,recomendovos calquera deles.

    Responder

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>