

Aproveito para desexar a todo o mundo un feliz fin de ano e facer algunhas recomendacións da internet. Hai nadiña comentaba o bestseller de Noah Gordon e xusto veño de ler un artigo do escritor titulado Anatomía de un ‘best seller’ que me pareceu interesante porque revela a fórmula máxica para o éxito.
Seguindo co tema dos máis vendidos está a causar furor nas librarías o último libro de Ken Follett, a continuación de Los Pilares de la Tierra. Baixo o título Un mundo sin fin asistiremos ás aventuras duns personaxes que viven en Kingsbridge, a vila onde se contruira a catedral gótica.
Deben ter pasado máis de dez anos dende que eu lin Los pilares de la tierra e o único que lembro é que naquel entón me enganchara moito a trama de bos e malos. Gustarame tamén a lixereza do texto que engulín nun fin de semana de voráxine lectora. Por iso recomendo a súa lectura a aqueles que lles interesen novelas con ambientación medieval. Iso sí, lembro que xa naquela me parecera algo maniquea a trama e a construcción dos personaxes. Persoalmente desfruto máis cos personaxes que crea Noah Gordon que dos que crea Ken Follett, cuestión de afinidades, supuño.
De todolos xeitos, a trama da nova novela, dous séculos despois da primeira parte e coa peste negracomo fondo, promete ser tan entretida como a primeira.
Unha nova distinta que quería comentar e que vai actuar en A Coruña, este xoves, Woody Allen. A dubida que teño é se serei quen de facer cola diante da fundación Barrie de la Maza para coller as entradas, dame que non…. ¡Qué magoa! É o que ten iso de facerse vella, ningún artista vale xa tanto como para que eu perda dúas horas (mínimo) de cola para velo.
(Rectifico: algúns sí o valen)
Outra recomendación da blogsfera: Philip Roth, 48 años novelando














