Ratas en Manhattan

ratas.jpgXa que veño de ler o libro do autor guardés Francisco Álvarez, alias Koki, imos adicarlle unhas liñas.

Ratas en Manhattan son un conxunto de dezaoito relatos que se ambientan na experiencia da emigración galega en Nova Iorque. Xurden,  en cada relato,  as referencias ó pasado dos personaxes en Galicia. As crónicas que falan das desventuras polas que pasan diferentes figuras,  na voz narradora de Francisco Álvarez, lémbranme ás histórias que, escoitadas nas tabernas, dan conta das aventuras de mengano aló na Suiza ou de fulano aló en Nova Iorque.

Tódolos relatos teñen esa forma narrativa tan galega que compaxina a descripción e a retranca. Retratos rápidos e amargos que poderían ser de calqueira outra cidade con emigrantes, ¿Qué máis da que a narración teña lugar en  N.Y., Bos Aires, Madrid, Barcelona ou en Vigo? O protagonismo é dos ollos de quén está fóra do seu fogar, do desarraigo.

Esta é a cara B do soño americano, a Nova York que non ven os turistas. Dezaoito relatos que falan do naufraxio de todos os soños. E da emigración, que o seu autor padece na propia carne, e na alma.
A morriña, sen dúbida ningunha. Pero tamén hai máis cousas: a batalla pola dignidade, o fracaso, as burlas e os azares do destino, as dentadas da vida que tanto doen.
Un xeito saudoso de definir a nosa Terra é falar dos emigrantes e dos náufragos, é sabido. Galiza foi sempre produtora de afogados e de desterrados. Pero hai naufraxios que non rematan coa chegada a ningún porto. Estes son os dos protagonistas de Ratas en Manhattan, heroes correntes cunha identidade invisible, agachada acotío por mor dos virus que borran a memoria. Son experiencias que nos levan a un espazo fronteirizo, de loita pola supervivencia e de busca ilusoria da felicidade.
Nesta xeografía emocional, da transición entre o apego e a perda, recoñécese o home no límite da súa condición humana.
Esta paisaxe, a da contradición e dos sentimentos mesturados, é o territorio onde de sitúa Ratas en Manhattan.
Nun fondo de rañaceos, como nas profundidades do abismo, esta obra enfía curtos relatos de ficción que ben poderían ser verdade, historias nas que a vida é un xogo de ruleta rusa, nas que a loita desapiadada, nun espazo desesperanzado no cal azoroñan as ratas, supón unha fuxida constante da morte.(Presentación da editorial)

5 Comments

  1. Posted 21/11/2007 at 10:02 pm | Permalink

    Encántame este blog, boa iniciativa ;)

  2. Posted 23/11/2007 at 12:54 am | Permalink

    Dende logo que estar lonxe da casa fai sacar o millor dun.
    Na miña estadía polos EEUU descubrín muitas cousas.

  3. Posted 23/11/2007 at 3:23 pm | Permalink

    <p>Gracias Termi.
    Sí Pai de Leo, cando estás fora comprendes mellor os outros, e tamén a tí mesmo.
    ¿Qué era aquilo que se curaba viaxando?</p>

  4. Posted 24/11/2007 at 10:32 pm | Permalink

    É importante tamén ver como se vai diversificando o conto da emigración, non hai moitos ambientados nos Estados Unidos, e creo que alí se deron moitas das historias máis interesantes da nosa galeguidade: a estadía de Castelao no pasado, e as experiencias dos que viviron no “corazón da besta” (José Martí) nos nosos tempos (o pai de Leo, ou a amiga Arale (chirimbowling.blogspot.com).

  5. Posted 25/11/2007 at 3:40 pm | Permalink

    Sí, lembro que polos anos 80 seguía marchando bastante xente da zona sur de Galicia a NY (por exemplo do popbo de Mougás). Hoxe parece que a mellor opción colectiva pra mudarense familias enteiras é Canarias. Cando tiña 18 anos eu estiven a piques de viaxar a NY, uns tios que traballaban alí invitáronme, pero cando tiven o papel para cubrir pedindo o visado penseino ben e dedín non ir. Non pensaba facer declaración sobre as miñas ideas políticas: ¿é vostede membro ou afiliado do Partido Comunista?
    Hoxe en día sigo a pensar igual. USA paréceme un lugar moi atractivo e gustariame viaxar por aló, pero a menos que o precise imperiosamente, non penso responder a esa pregunta.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*