Outra saga diferente
Bueno, estou condicionada polo post anterior. Unha cousa levame a outra, así que recomendo (para os interesados na outra saga do Aznar político, que ven de publicar Carta a un joven español) os escritos que o históriador Justo Serna fai no seu blog ó respecto.
Pido disculpas se a alguén lle da arrepios a foto, pero paréceme indispensable para unha primeira impresión sobre a mensaxe do libro.
Tags:

24. noviembre 2007 at 22:14
¿Cánta xente cercana posa para as fotos coa man no queixo? ¿Por qué tanto “intelectual” sae con esa postura nas fotos dos seus libros? Creo que a culpa é do “Dante Pensando” de Rodin coñecido como “O Pensador”, pero “O Pensador” non ten culpa ningunha. Ademáis, se os intelectuais posturitas estes soubesen o que tal dicía o Dante, para nada se lles ocurría imitalo, ¿non é?
25. noviembre 2007 at 15:54
Aquí parafraseando unha cita de Erasmo poderiamos dicir que a pose fai o home (no canto do traxe). A pose ofrécese con ollada inquisitiva. Disposta a penetrar no noso interior e abrirnos as portas da sabiduría do bo facer neoliberal. É un libro para desparramar o saber populista sobre os corazóns que tamén queren triunfar. Vamos outro libro máis de autoaxuda. Ainda que eu recomendaría mellos calqueira de Daniel Goleman.
Vese claramente que fallou a imitación de Rodin porque iso suporía abandonar a pose inquisitiva de contacto co que olla para pecharse no intimismo concentrado e ensimismado.