Onte entrei no pub de sempre e estaba soando esta canción:
Durme meu neno, durme
sen mais pranto,
que o tempo de chorar-e
vai pasando.
Que a terra na que vives,
non quer bágoas,
percisa homes inteiros
pra libertala.
Durme meu neno, durme
colle forzas,
que a vida que che agarda
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.
Ai! volta á infancia. ¿Cantas veces escoitei esta canción? Na casa, cando viaxabamos…de repente toda a letra voltoume a memoria. Seguía lembrandoa. E segue pondome un no na gorxa. Había algo raro, era a versión de Luar na Lubre. Eu botaba de menos a de Fuxan os ventos, que era a que gardo na memoria. Agora escoitoa e párome a analizar a letra, as figuras poéticas, a entonación. Veñenme moitas cousas a cabeza, pero sobre todo elo, está a infancia. Outra que me gustaba moito era esta “Muller”
Pariches de pé o fillo
como fan no mente as bestas
E hoxe que volto vencido
para que eu venza ti te deitas
Tampouco podo esquecer que antes de ler en galego xa escoitaba nesas cintas a Celso E. Ferreiro e Manuel María.
Sí, había outros grupos. Tamén os escoitaba, pero este é o que máis me gustaba. Nada que ver con Juan Pardo cantando a Cabanillas, que sempre me pareceu demasiado populista. Quizáis porque teño ideas diferentes sobre a noite da Frouxeira (tanto me ten que me asoballe un nobre galego que un noble castelán).
