En Tres segundos de Memoria asistimos á experiencia cotía dun rapaz que vive no post-fracaso. Vémolo facer proxectos, e coñecemos o seu entorno de amigos e coñecidos. E de repente di iso tan tremendo que racha con todo: a partir de mañán vou dar un cambio total.
A Ana o final do libro non lle gustou nada, a pesar de que ela é das que din o mesmo que o protagonista: “Vou dar un cambio radical”. A mín sí me gustou, e precisamente o final é o que lle da sentido á história.
Algúns necesitan cambiar totalmente para sentir que cadran na sociedade. Aquí cambiar ven sendo pasar polo aro. Outros digamos que reorientamos a nave, os proxectos de vida e ata as expectativas, pero negámonos a cambiar porque iso é igual que morrer.
Hai tantos libros por ler, tanta música por escoitar e tanto cine por ver que xa hai tempo que penso que non me dá a cabeza para todo. Por iso non entendo como pode haber xente que está ao día de todas as novidades, que le, ve e escoita absolutamente todo, e que aínda por riba manteñen unha vida social máis que aceptable. Teño para min que eses cerebros que sempre teñen unha cita literaria na punta da lingua, e que sempre lembran o nome dun actor que só protagonizou unha película iraní para entregarse logo ao teatro xaponés, agochan carencias tremendas baixo ese veo de cultura atronadora.
En Tres segundos de memoria (pax. 89)
Título:Tres segundos de memoria
Autor: Diego Ameixeiras
Ano de Publicación. 2006
Xénero. Narrativa
Editorial. Edicións Xerais de Galicia
Coleccion. Narrativa
Número de pax. 216
