Mañá Agustín Fernández Paz recolle o Premio Frei Martín Sarmiento polo seu libro Corredores de Sombra. Máis sobre o tema lendo o naufrágo.
E na Biblioteca Nodal de A Coruña (a de Elviña) hai un obradoiro de poesía que empeza este sábado, impartido pola poetisa Eva Veiga. Podedesvos inscribir por teléfono. Máis na páxina da biblioteca.
Editado media hora despois.
E, relacionando a mesma biblioteca e a Agustín Fernández Paz, acabo de escoitar unha entrevista con él xunto cun avance editorial do seu último libro. Lido e visto no Levantador de minas.
Epaaaaaaaaa, coincidimos no libro mítico: A illa misteriosa. É o libro que máis veces lin.

