
Abraiada estou despois de ler sobre o peche de Aduaneiros sem fronteiras. Como xa teñen amosado outras sentenzas xudiciais, toda a responsabilidade recae no dono da páxina e non en quen fai os comentarios. As veces ate recae a responsabilidade no dono do sitio onde está aloxada a páxina. Algo absurdo. Pero ¿qué máis da? Ahí segue o famoso e gran pé de Xaquín Marín a ocupa-lo espazo que non defendemos. Visto en Alicia Crece.
