Onte estiven no Colón e paseino fenómeno. A ceremonia de entrega dos PREMIOS OPINIÓN de música transcurriu axil. Nada de artistas que se eternizan no escenario. Uns catro temas cada grupo e nada de palabrerío oco e banal que alongase o acto.
O que máis me gustou foi a actuación de Xosé Luis Miguelez e a dos Cempés. Tamén flipei co virtuosismo do pianista de Nordestinas e co talento vocal das catro mulleres que subiron ó escenario. Non vou profundizar en máis detalles, que xa os da o periódico. So dicir que o espectáculo foi soberbio e que agora teño un libro máis .
Vídeo de Xose’L. Miguelez
Vídeo de Os Cempés

One Comment
Eu tamén vin a Gala dos “Premios Opinión” e comparto a túa opinión je,je.. O mellor da noite o gaiteiro.
Felicidades polo blog.
Apertas