Saen bolsas para biblioteconomía en Galiza

bolsa01.JPG

No DOGA de hoxe sae a Orde do 28 de setembro de 2007 pola que establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a colaboración titoriada en diversos centros bibliotecarios.

Son trinta e unha plazas e un orzamento para o ano 2007, por un importe de vinte e seis mil trescentos cincuenta euros (26.350 €), e para o 2008, por un importe de douscentos oitenta e nove mil oitocentos cincuenta euros (289.850 €), ata acadar unha suma total de trescentos dezaseis mil douscentos euros (316.200 €), que queda condicionada á existencia de crédito adecuado e abondo para o seu financiamento.

Artigo 1º
1. Convócanse bolsas de formación en biblioteconomía mediante colaboración titoriada na organización e descrición de fondos e actividades de biblioteconomía en bibliotecas, con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.432.A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia
1. Requisitos dos solicitantes:
-Titulación universitaria de diplomatura en biblioteconomía e documentación, ou licenciatura en biblioteconomía, documentación, historia, filoloxía ou humanidades.
-Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
-Non se beneficiar anteriormente durante un período superior aos 12 meses destas mesmas bolsas, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, logo de iniciado o período de vixencia.
2. Presentación das solicitudes:
As solicitudes presentaranse conforme o modelo oficial que figura como anexo I desta orde, no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Deporte ou nas súas delegacións provinciais. O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

- Información completa no DOGA do 4-10-07 (arriba tedes o enlace para baixalo)

bolsa02.JPG

E ¿a qué veñen as fotos? Pois a que a libreira descubriu algo novo que facer con todos os posters que lle envían das editoriais e da Xunta promocionando a lectura: bolsas por aquí e por alá.

bolsa03.JPG

4 Comments

  1. Posted 04/10/2007 at 3:27 pm | Permalink

    O mundo dos libros –e da cultura en xeral– está a pagar a indixencia cultural da clase dirixente, incluida a Administración e os políticos, e polo tanto os profesionais da biblioteconomía son as vítimas; sen esquecer que as primeiras vítimas son todos os cidadáns. É máis doado atopar unha referencia a Britney Spears que a Fernán Vello, a Julio Llamazares ou a George Orwell, entre moitos outros. Unha aperta e noraboa pola blogue, é “refrescante”.

  2. Posted 04/10/2007 at 4:18 pm | Permalink

    Xusto acabo de publicar a nova no blog de anabad http://www.anabadgalicia.net, pero o meu comentario ia relativo a esas preciosas bolsas! Que boa idea, sodes uns artistas.

  3. Posted 04/10/2007 at 8:20 pm | Permalink

    Que fabulosa idea a das bolsas feitas cos cartazes! :)
    Aproveito o comentario para dicir que vos topei tirando do fío dalgunha visita que me chegou ao blogue dende acá… e agradecervos a ligazón ;)

    Abraços!

  4. Posted 04/10/2007 at 10:22 pm | Permalink

    Grazas a todos polos comentarios. En xeral coincido con Félix: é unha vergoña a indixencia cultural, que se vai xuntando coa indixencia económica crecente dos grupos máis baixos na escala social.

One Trackback

  1. […] Si te interesa presentarte a alguna de las 31 becas de biblioteconomía que acaba de convocar hoy la Consellería de Cultura e Deporte de Galicia, entérate aquí. […]

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*