¿Queres posar para min?

Xa saiu á páxina do trasno en Tramas y Texturas, e claro. Pasou o que tiña que pasar. Para unha foto erótica que puxen vai e sae de presentación da bitácora. Ana díxome que me estaba ben por andar a pór fotos de tetas. De nada sirve que lle diga que era un logo do Firefox, non cae da burra. Ademáis xa lle teño dito mil veces que o que mola é pór fotos eróticas da peña lendo ou facendo que le, coma as da páxina do libreiro venezolano. Logo vas pola blogsfera e ves en todalas páxinas as mesmas fotos de tias sexis cun libro na man. ¿De onde saen as fotos? Do blog Libreiros, a maioría. Por suposto este blog ten outros valores moi interesantes ademáis das fotos cachondas e curiosas.

libros.jpg ¿Quen non vira esta foto?

En fin, que xa sabedes, se algunha rapaza ou rapaz quere posar de forma creativa e alixeirado de roupa en pro do fomento da lectura, eu teño unha boa cámara. Avisádeme!

5 Comments

  1. Posted 02/10/2007 at 11:02 am | Permalink

    Moi orixinal o teu post. A verdade é que resulta do máis suxerente, sutil, erótico-festivo contemplar a beleza feminina distraéndose cun libro (de poemas, ou non) na man. Claro que tamén haberá, con máis ou menos razón, quen nos tache de saídos ou cousa semellante. Pero gostei moito do post, tanto polo sensíebl coma pola súa orixinalidade. Parabéns.

  2. hormiga
    Posted 02/10/2007 at 11:07 am | Permalink

    A mi tamén me resulta moi “suxerente, sutil, erótico-festivo contemplar a beleza feminina” e masculina, espida e cun libro na man. ;)

  3. Posted 02/10/2007 at 7:24 pm | Permalink

    Gracias mil maese, por esa brillante e inmerecida apologia….a su salud..

  4. Posted 03/10/2007 at 1:33 am | Permalink

    La fotografía de la tina está excelente. Hay que mandarse hacer una para tener en casa.

  5. Posted 04/10/2007 at 12:24 am | Permalink

    Eu apúntome!!!! Todo sexa por fomentar a lectura.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*