Cando de pequena lin A chamada da selva sorprendeume que falasen da selva nas terras do norte (Canadá e Alaska). Ata hoxe, sempre vira o título así, tanto en castelán como en galego. Pero parece que nunca é tarde para correxir traducións. Hoxe atopei o libro La llamada de lo salvaje. Semella ter máis senso, non sí?
The call of the wild era o orixinal de Jack London, ¿por que se terá mantido durante tanto tempo o de “selva”?
*** *** ***
Menos mal que os herdeiros de Gonzalo Torrente Ballester teñen o apoio da Fnac e do ClubCultura.com! Senón a ver como ían poder facer unha páxina web…. Algo tan complicado, difícil e caro. ¡Meu Deus! Qué cousas hai que escoitar.
La confección de la página web ha sido posible gracias a la colaboración y patrocinio de Fnac y ClubCultura.com con los herederos de Gonzalo Torrente Ballester, bajo cuya dirección y asesoramiento se ha desarrollado el trabajo. (Página oficial: www.gonzalotorrenteballester.es)
Eu que pensaba que iso do clubcultura.com era un bo negocio para que a xente vai ler cousas sobre os autores e merque xa na páxina da FNAC…. e mira tí que a cousa non vai de cartos senón de cultura. Da famosa industria da cultura.
