
Título: Os paxaros tamén migran ao sur
Autor: Silverio Cerradelo
Ed. Xerais
Premio Terra de Melide 2006
Os paxaros tamén migran ó sur é unha fermosa narración sobre a relación dun mozo, o Jordi, cunha moza alemana, a Eva. A través desa historia que mantén con ela, o Jordi vai descubrindo outras formas de ver a vida. Outros puntos de vista sobre o que paga a pena experimentar e disfrutar.
A narración é lixeira e fluida e un aire melancólico, de sensación e experiencias vitais impregna as follas.
A min gustoume e ademáis a personaxe feminina lembroume moitisimo a unha benquerida amiga grega, totalmente libre e entregada á vida.
Latexa no argumento a crítica á sociedade de consumo. ¿Cómo podemos vivir así? Lembro a canción de Sabina Más de cien mentiras
Más de cien palabras, más de cien motivos
para no cortarse de un tajo las venas,
más de cien pupilas donde vernos vivos,
más de cien mentiras que valen la pena
É así como o ser humano sobrevive. E cando as mentiras non son abondo, entón remata todo. Uns teñen mentiras grandes e pretenciosas, outros teñen mentiras pequenas. Cando pretendemos vivir so coa verdade a vida é insoportable.
A presentación de Silverio
Sensibilidade narrativa
Os paxaros tamén migran ao sur, de Silverio Cerradelo

