Vin en con valor a nova de Celdatv e alá fun. Estiven escoitando (que non vendo) as entrevistas e recomendovos a de José Luis Guerín e a de J.L. Sampredro. Disfrutei con ambas e xa teño esta páxina nos meus favoritos. Visita obrigada, a pesar de que non me gustou moito como lle facian as preguntas a Guerín. Non soporto que fagan preguntas coa resposta xa incluida.
Guerín fala da súa última película En la ciudad de Sylviae, do aire intransferible que ten o cine que el fai. Máis aló do textual, a película narra unha busca na cidade de Estrasburgo. Un rapaz que mira a unha moza e a soña.
Non son de pedir autografos, pero si fago fotos. Esta de Guerín saqueina no aeroporto de Los Rodeos, Tenerife, hai dous anos. Reservome outra na que sae cos pes descalzos (uns pes moi lindos por certo!) .

Sampedro fala de novelas, de inmigración, economía, da realización persoal e de como xurden as ideas creativas, no seu caso, cando fai solitarios. Tamén fala da alma na súa vertente económica. Moi interesante e divertida.
