Gustanme moito as ilustracións deste Lolo anda en bibicleta.

Lolo ten o soño de andar en bicicleta, mesmo de ter unha bici de seu. Pero fixo un día unha trasnada das gordas e os Reis Magos, no canto de bici, deixáronlle carbón. De todos modos, Lolo empeza a practicar coa bici do seu pai ás agachadas…
“Lolo anda en bicicleta” é un dos contos para nenos que nos deixou Carlos Casares, autor que destacou polo seu apoio e atención ao desenvolvemento dunha literatura infantil de calidade en galego. Manuel Uhía, un dos máis veteranos debuxantes galegos, obtivo con esta obra, que Galaxia reedita en novo formato, o Premio “Rañolas” ao mellor libro ilustrado.
(Presentación da editorial)

Os sete cabritos
Autor Xosé Ballesteros
Ilustradoras: Sofía F. Rodríguez e Ana Míguez
Editorial Kalandraka. Colección: Os contos do trasno. 32 páxinas a toda cor
A temática xira entorno ó fogar e a protección. Recomendado a partires de 3 anos.
Este conto clásico dos irmáns Grimm ten ilustracións que son reproduccións de figuras modeladas con plastilina, animais humanizados. (Máis de 30.000 exemplares vendidos). (Presentación da editorial)

Queres xogar comigo?
Autor Xosé Ballesteros
Ilustracións: Eric Carle
40 páxinas a toda cor
É un divertido libro de animais. Recomendado a partires de 3 anos.
Destaca a estructura encadeada, a técnica do collage e o humor. O texto foi creado expresamente para acompañar as imaxes. O reto consiste en identificar os animais polo sei apéndice final(crin, plumas, cola…).
Aplicacións: recoñecer os animais (o todo e a parte); a direccionalidade na lectura e o paso das páxinas (lateralidade); repeticións e vocabulario. (Presentación da editorial)
