Vale, non paga a pena loitar contra o mundo… tentarei parchear o blog para que os milleiros de usuarios que usan expl0rer non se queden sen ver esta fermosa bitácora. Só teño un problemiña: uso linux e non teño ningún windou$ a man, nen polo tanto un explorer, vai ser unha misión dificil!
Mentras tanto divirtámonos mirando as caras que pon a libreira cada vez que lle sacan unha foto. Estas son en Oviedo, unha coa insigne Ana Ozores, a personaxe de La Regenta de Clarín (libro que nunca fun capaz de rematar), e a outra con Woody Allen.

Como se pode observar cando eu atopo unha escultura, ainda que teña unha silla baleira ó lado, espero a que non haxa ninguén ó lado. Ana pola contra corre axiña a facer posturas e a abrazalas (nunca vin unha persoa tan ¿quinésica?).


