Respetando estandars e a sinvergonza do monopolio

firefox.jpg

Ten razón Sally, que escribiu un comentario no post anterior sobre o ancho das fotos. O que sucede é que eu emprego o navegador Firefox, que respeta os estandars básicos de internet. É probable que usando o explorer, que non respeta os estandars nin falta que lle fai pola súa posición predominante e monopolizadora na internet, se vexa mal o blog. Pero xa hai tempo que decidín non preocuparme diso.

É internet explorer o que ten o fallo e non vou supeditarme a unha empresa que presenta un producto mal feito. De todas formas axiña poreí o aviso de que este blog respeta os estandars de html é que recomenda o uso de Firefox, Mozilla ou Konquer para velo en condicións óptimas.

Lamento ós inconvintes que poda causar pero levo xa moitos anos nisto da internet é para min é unha cuestión de principios non facilitarlle ás cousas ó enimigo. Qué solucione Bill Gates os problemas que causa o seu navegador, non entendo que os programadores teñan que estar a romper a cabeza tentando solucionar o que fan ben para que se acomode a un navegador fuleiro.

Pinchando na foto irás a unha páxina onde se pode descargar un estupendo navegador que respeta os estandars comme il faut.

3 Comments

  1. Posted 23/9/2007 at 3:55 pm | Permalink

    Pra que non haxa malentendidos. A foto que sae no post é un dos logotipos do navegador Firefox. Non son os peitos da libreira co seu gatiño Leo como algúns poden ter pensado.

  2. Posted 28/9/2007 at 5:44 pm | Permalink

    ohhhh
    que desilusión!

  3. Posted 15/5/2008 at 3:20 am | Permalink

    Exceptuando as imposicións por causa laboral (que eu tamén as vivín) non comprendo como a xente non se pasa en masa ao Firefox: unha navegación máis segura, rápida, doada, que se pode poñer en galego sen moitas complicacións e que ten mil e un trebellos que che facilitan a vida. Viva Firefox por sempre!!!

    PD: Por certo, eu diría que con Opera tamén se ve aceptablemente ben.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*