Xa sei que estou piantá, piantá, piantá…

Pode que me voltase unha purista, unha extremista, unha sibarita do tango. O caso é que hoxe escoitei a Uxía na radio cantando Garufa e sentín que alongaba tanto as palabras que non ía rematar xamais a canción. Como son unha radical neste ámbito tiven que cambiar a emisora. Para interpretar tango a min non me vale Julio Iglesias, Estrella Morente, Dulce Pontes, nen case nengún cantante . Só me fan feliz a orella, cando de interpretar tango se trata, Tita Merello, Hugo del Carril, Susana Rinaldi, Gardel, Adriana Varela e o Polaco Goyeneche .

Cando escoito cantar tango a ritmo de fado ou a ritmo flamenco fáltame o aire. Noutros casos hai veces que me gustan máis as versión que os orixinais dos que sairon. Pero o meu gusto e meu, non si?

Aquí deixo Balada para un loco cantada por Goyeneche.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*