Excelencia blogueira, poesía e Belén Gopegui

Lin onte o titular Cursos de excelencia blogueira para chegar á elite, na páxina principal de Luns a Venres, e como son moi sensible xa me puxen a darlle voltas. Calidade blogueira? excelencia? elite? Pois terían que plantexarse para que quer un o blog. Non é o mesmo ter un blog para difundir contidos da tua empresa ou telo para dicir que te cagas no mundo. Obviamente os dous poden aspirar a estar na élite ¿caracterízanse os blogs por facer periodismo cidadán? Penso que non é algo esencial. Un blog é un caderno de bitácora. Non todos imos comentar as mesmas novas nen ter a mesma dedicación. Para algún o blog é un complemento do negocio ou o negocio mesmo, para outros é so un desafogo, un gusto, unha forma de pasa-lo tempo de lecer….chámalle equis. Logo está o tema de élite blogueira ¿referido ás páxinas máis visitadas ou ás de contido máis interesante?

Como penso que a excelencia blogueira xa a teño, interésame máis sabe-las datas do Taller de poesía que vai da-lo naufrago en Vigo e o Taller Literario en A Coruña.

Igual é porque me gusta sentirme periférica en todo que isto da élites somentes o trago se hai que ler socioloxía.

Para esquecerse da excelencia blogueira, podedes ler a entrevista a Belén Gopegui en El Cultural. Visto en Cabaret Voltaire.


Tags:

 
 
 

2 Responses to “Excelencia blogueira, poesía e Belén Gopegui”

  1. Gravatar of náufrago náufrago
    15. septiembre 2007 at 12:58

    Grazas pola referencia. O luns informarei polo miúdo. Pero hai algo importante: o de poesía é en Vigo. O da Coruña é o Taller Literario, oito sesións nas que se tratan moitos asuntos, entre outros, hai un taller ( unha sesión ) de poesía. Pero o luns, no meu blog, conto en detalle. Apertas.

  2. Gravatar of hormiga hormiga
    15. septiembre 2007 at 14:22

    De acordo, correxido.

Deja un comentario