Nota: Desvaríos sobre Home sen nome. Penso que o que escribín non te vai perxudicar o misterio se aínda non liches o libro. De todolos xeitos se te molesta deixa constancia abaixo.
Cando lin Home sen nome dixen para min “Coño o Nano é outro pirado que vai recitando versos de “La vida es sueño” cada tanto”.
E algún preguntarase ¿tantas historias da guerra civil na novela e esta parva so se fixa en que hai versos da obra de Calderón?
Pois sí, eu sinto moita debilidade por La vida es sueño. Seime monologos longuísimos e cando estou co “peidiño lúcido” saenme sen pedir permiso. Típico de borracho. Seino. Pero é o referente clásico máis importante que teño. Eu cando leo “Hipogrifo” penso en La vida es sueño, non en Harry Potter. Polo que se ve para o protagonista de Home sen nome tiña máis importancia como referente clásico Virxilio e a Eneida. Pero eu, pode que porque traducía moi mal a Eneida no bacharelato, non sinto especial predilección por Virxilio nen polas baixadas ó inferno.
“Que xa liches até o libro VII? Claro, como non dormes de noite como deberas pois tes moito tempo. dende que morreu a nai non dorme
E por que non queres seguir a traducir a Eneida? Que cousa é esa de que non queres? Non podes ser menos guiado, rapaz. Mañá mesmo vou á casa do teu pai falar con el. Dime por que non queres traducir máis a Eneida? Dame unha contestación sequera”.
Igual que na Eneida, O home sen nome fai unha viaxe pola sua historia particular. Lembra a sua vida e todolos acontecementos que a marcaron. O protagonista non durme nunca, non ten sosego. Ese é o seu castigo, dado que non durme, non olvida. Agora que está moribundo no hospital durme todo o tempo e xa non sabe se soña ou se está desperto (como o Sexismundo de Calderón). A baixada ó inferno está chea de mortos, os de Alemania, os galegos que paseou, os que matou no frente español ,os do frente de Rusia, e as pantasmas dos familiares. Pola contra Nano, o outro enfermo, atópase no limbo.
Suso de Toro fai unha invocación ós mortos. Curiosamente o cura da novela chámase Virxilio, ainda que exerce de Tiresias (adivino da Eneida).
E triste tamén para min, triste ser un Tiresias, ter que aparecer a anunciar destinos.
Tamén fai uso dunha Sibila, ¿qué carallo é iso?- preguntaranse outros.
… quero dicir que se queres que eu lembre para ti, ti a cambio tesme que acompañar, terás de ter valor. Has ser a miña Sibila, xa que me pides que eu baixe ao averno. Agarda, escoita, aí me veñen as palabras, <<Sate sanguine diuum, tros Anchisiade, facilis descensus Auerno>>. Traduce, proba outra vez.
-…que é doado baixar ao inferno.
O dito, a min a Eneida nen fu nen fa. Igual que o Don Juan de Mozart:
Chi l’anima mi lacera?
Chi m’agita le viscere?
Che strazio, ohimè, che smania!
Che inferno, che terror!
Agora que o diálogo de Blade Runner sí que me chegou ó corazón, jejejeje. Somos fillos do rigor… agora resulta que os meus referentes clásicos son La vida es sueño e Blade Runner. Manda carallo! Pero resúltame tan fermoso o monólogo de Sexismundo como o do replicante moribundo de Blade Runner.
En fin, podes ler a novela quedándote só coa maldade do protagonista e tomando a obra como exercicio de memoria histórica. Ou podes abarcar máis e repasa-los teus coñecemento dos clásicos, xa sexa a Biblia, O Tenorio ou a Eneida.
Pola miña banda, quédome coa forma de retrata-lo mal e coa reflexión sobre as víctimas e os complices (os daquel momento e os actuais, todos nos).


One Comment
Nestes tempos que corren reflexionar porque somos coma somos é unha boa opción, revisando os clásicos ,pero sen demasiadas profundidades non vaia ser que suframos crisis existenciais,je,je,je