¿Qué facer nunha tarde de agosto?
Título do libro. BENQUERIDA CATáSTROFE
Ano de Publicación. 2007
Autor. Teresa Moure
Xénero. Narrativa
Editorial. Edicións Xerais de Galicia
Adam Cairbough, coincidindo coas visitas frecuentes á consulta do doutor Castiñeira para tratar os seus problemas de pel, decide separarse de Eva, á muller que ama desde que chegou a Galiza. As vidas de Adam e Eva veranse sorprendidas por un cambio inesperado, que vai derrubar todo aquilo que xulgaban estábel, e definir quen é cadaquén. Esta nova novela de Teresa Moure, tras o éxito rotundo de “Herba moura”, propón a quen le unha indagación sobre esoutro sexo que levamos dentro. Velaquí unha ficción trepidante que, xogando coa indivisibilidade dos números primos, cuestiona a identidade como algo inherente aos corpos. A reconstrución da súa identidade sexual converte as personaxes en seres máis felices, que procuran algo que ficara oculto na cotidianeidade e que rematan por descubrir ao se espiren para nós.
[Presentación da editorial]
