
Vietnam, 8 de xuño de 1972. A nena Kim Phuc fuxe coa sua familia. Sacou a foto o fotógrafo Nic Ut.
Andaba pola páxina de look closer cando lin a palabra Vietnam e viume o poema de Celso Emilo Ferreiro, “Digo Viet Nam e basta“, á mente. A publicidade pode dicir misa, para min Vietnam é todo o que dí esta poesía. ¿Por qué será que cando a leo tamén penso en Iraq?
Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.Digo lombriga e larva
de carne podrecida.Digo nenos de napalm,
terror de noite e selva,
fedor de cidade e cloaca.Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.Digo guerra bestial,
tremor de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.Apenas digo nada.
Digo yanqui invasor,
depredador de patrias.Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca.
Presidente, gadoupa,
chuvia, amargura, baba.Digo petróleo, ferro,
mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa.Apenas digo nada.
Digo Viet Nam i está xa dito todo
cunha soa palabra.Para abranguer a vergonza do mundo,
digo Viet Nam e basta.
Celso Emilio Ferreiro en Viaxe ao país dos ananos (1968)

2 Comments
Tremendo el poema y tremenda la foto. Digo Iraq e basta. Espero que el poema terminé aquí.
Saludos.
PD: Es la primera vez que leo algo en galego, y se entiende bastante bien
<p>E non se retirarán de Iraq, porque non quere que sexa outro Vietnam</p>