Esta fin de semana son as Festas do Monte en A Guarda. Deixo a programación das festas e tamén o horario dos autobuses por se alguén se apunta a pasalo ben (ou a desfasar que dirían outros).
A subida ó Monte Santa Tegra o segundo domingo do mes de agosto convertiuse nun dos momentos máis esperados do ano.
Festa desenfrenada, viño a percorrer o corpo por dentro e por fóra, suor, polvo, terra, e o son das gaitas e os bombos a rebumbiar dende a mañá ate a noite.
