Hoxe estará na Feira do Libro da Coruña Xosé Antonio Neira Cruz, autor do libro “O armiño dorme” que figura na lista dos dez mellores libros de literatura xuvenil do mundo.
Xosé Antonio Neira Cruz é o director da publicación Fada Morgana, e vai presentar o número 11 desta revista galega de literatura infantil e xuvenil.
Autor: Neira Cruz, Xosé Antonio
Título: O armiño dorme
IV Premio Raíña Lupa
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
ISBN: 978-84-8288-612-1
Data publicación: agosto 2003
1ª Edición
Bia de Medici, filla ilexítima do duque de Florencia conta os últimos días da súa vida.
Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, ferve un mundo cheo de perigos, pero tamén de liberdade. O amor entrará na gaiola de Bia para trastocalo todo. (Reseña da editorial).
Estiven lendo o pregón de Suso de Toro na Feira do Libro, deixo un extracto e podedes ler máis en Brétemas:
”O libro […] ten ese carácter case personal, o lector le no libro e dialoga con el. Se non gusta del déixao quedar arrombado, se lle reina mergúllase nel e disfruta, outras veces, párase e discute con el, nega o que di ou para a pensalo, a discutilo. O diálogo entre quen escribe e quen le a través dun libro é un diálogo democrático. Baséase na liberdade do lector sempre, se o lector non gusta do libro o libro será unha máquina que non funcione, que non consiga comunicar aquilo que o autor pretendeu.”
