Imos dar un repaso estes días a algúns dos libros que se estan a presentar ou a firmar na Feira do Libro da Coruña:

A pomba e o degolado
Autora: Casalderrey, Fina
Colección: INFANTIL E XUVENIL >FÓRA DE XOGO
ISBN: 978-84-9782-559-7
A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén se viven tempos moi dífíciles, atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de “Degolado”, con “Pomba”, unha amiga cibernética que o axudará a descubrir que paga a pena confiar na xente.

Recopilatorio das historias publicadas na revista Golfiño. Humor gráfico.
Tito Longueirón
Edición original: Tito Longueirón
Fecha de edición: mayo de 2006
Guión: Chinto.Debuxo, Tinta e Color: Pinto
Futbolista, piloto de carreiras, saltador de lonxitude e de altura, boxeador, lanzador de disco, regatista, esquiador… ningún deporte ten segredos para Tito Longueirón, pode que o atleta máis completo da historia (e da historieta). En cada unha das disciplinas fai uso das suas cualidades innatas, entre as que, todo hai que decilo, destacan a pillería e unha leve tendencia a facer pequenas trampas.
Fondos de escritorio de Tito Longueirón
Titulo : Palabras contadas
Autor: Camilo Franco
Ano de Publicación: 2006
Xénero: Narrativa
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Coleccion:Narrativa
ISBN. 978-84-9782-509-2
“Palabras contadas” de Camilo Franco inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises. Aproveitando a funcionalidade da literatura breve o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melancolía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor ou a alegría.
Titulo: Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1920-2006)
Autor: Xesús Alonso Montero
Ano de Publicación: 2007
Xénero: Ensaio e Investigación
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Coleccion: Crónica
ISBN. 978-84-9782-531-3
Fálase neste libro de intelectuais galegos que reflexionaron en Galicia desde o marxismo, algúns deles investigados por primeira vez, e fálase de homes e mulleres que, antes e despois da Guerra Civil, protagonizaron accións –heroicas algunhas– contra as malfeituras da sociedade desde postulados e inquedanzas comunistas. Tamén nestes capítulos hai achegas novas. Nunhas e noutras páxinas, como é habitual na pedagoxía literaria do profesor Alonso Montero, adúcense e ofrécense textos reveladores case descoñecidos, ademais dun documento inédito extraordinariamente significativo, a “acta” orixinal da Iª Asemblea de intelectuais do PCG (marzo de 1977).
(As reseñas son das propias editoriais)
