Medellín, capital da poesía

Aló polo ano 97 entereime pola rede de que en Medellín celebrábase un famoso Festival de Poesía. Na súa páxina web tiñan algúns artigos da revista oficial, chamada Prometeo e tamén mostras dos poemas colectivos que se facían no transcurso do festival. Lembro con especial agarimo a revista nº49 adicada a poetas latinoamericano, porque nese número descobrín ó poeta Oliverio Girondo. Aínda non vira daquela a película de Eduardo Subiela El lado oscuro del corazón. Con poemas de Girondo , Juan Gelman e Benedetti. Agora podo ver o que foi o festival celebrado en xullo deste ano a través dos videos que colgaron en youtube os organizadores do festival. Ahi vai un de Juan Gelman.

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*