Festas e libros

Ó longo do mes de agosto celébranse en Coruña as Festas de María Pita. Deixovos o programa por se alguén se apunta a algún concerto. Mañá lerase o pregón das festas, pero antes as doce do mediodía inaugurase a 36 Feira do Libro da Coruña,  nos Xardíns de Méndez Núñez.

Por certo, non me gusta nada este programa das festas da Coruña 2007 . Vou quedar na casa a ver Sonata de Outono, O Septimo Selo, O Manantial e a Doncela, ou Persona en recordo de I. Bergman. Ou tal vez sexa momento de ver Fanny e Alexander, para lembrar que a vida hai que disfrutala. Celebrar os placeres que temos o noso alcance, como tomar fresas silvestres (penso que Fresas salvaxes non é unha traducción adecuada) pola mañán. Como comparti-las fresas e a cunca de leite cos amigos (O Septimo Sello).

Post a Comment

Your email is never published nor shared. Required fields are marked *

*
*