VENRES 6 DE XULLO
LOCAL DA SOCIEDADE RECREATIVA DE CALO
ÁS 21 HORAS
“A memoria de Líster”
PRESENTACIÓN DA REEDICIÓN DO LIBRO NUESTRA GUERRA. MEMORIAS DE UN LUCHADOR. de Enrique Líster, publicado por Edicións Silente.
INTERVIRÁ: PEDRO GARCÍA BILBAO, editor da obra, sociólogo e profesor universitario
(Libro á venda na librería O Trasno Viaxeiro)
NOTA DE PRENSA
As Xornadas da Oliveira.
A memoria de Líster
O próximo 6 de xullo, venres, no local da Sociedade Cultural e Recreativa de Calo, A Oliveira celebra unha nova xornada de recuperación de memoria histórica. O acto comezará as nove da tarde.Co título “A Memoria de Líster”, o acto consistirá na presentación do libro de Enrique Líster: “Nuestra guerra. Memorias de un luchador”.
Como continuación das xornadas que lle dedicamos no mes de abril ao canteiro, político comunista e militar natural da aldea de Ameneiro, da parroquia de Calo deste concello de Teo, A Oliveira quérelle achegar ao público en xeral a reedición do libro de memorias que el escribiu, a edición moderna dun libro xa clásico.
A iniciativa da reedición deste libro partiu de Ediciones Silente. Para a presentación achegarase á Sociedade Cultural e Recreativa de Calo o editor Pedro García Bilbao, sociólogo, escritor e profesor universitario.
Na Oliveira de Teo continuamos coa recuperación da Memoria Histórica, divulgando actos do noso pasado pouco coñecidos ou silenciados, e neste ano 2007 seguimos ocupándonos de Enrique Líster cando se cumpren 100 anos do seu nacemento.
Teo, 3 de xullo de 2007

