
VIAJES DE ENTREGUERRAS
John Dos PASSOS
Península. ALTAIR Viajes nº 69 -Barcelona, Jul-2.005
349 págs.
Neste libro do famoso John Dos Passos, recóllense relatos das súas viaxes polo mundo. Empezan e rematan os relatos en España. Fixo longas viaxes por Europa Oriental e Oriente Próximo.
Resulta sorprendente leer as arriscadas viaxes que facía este home, cos bolsillos baleiros e con moita curiosidade por todo canto o rodeaba. Tamén son moi interesantes as imaxes que podemos ver a traveso dos relatos de como se vivía na España dese momento e a dificultade das viaxes por Europa e Oriente.
Actualizado 16/07/07
Escribira este post ás presas para iniciar o blog da librería e agora gustaríame afondar máis no contido do mesmo.
As crónica do libro empezan e rematan en España. Hai seis histórias sobre aspectos da España de antes da Guerra Civil (1919-1920). O autor fala sobre o carácter español, a esencia do flamenco e a paisaxe dos arredores de Madrid.
Baixo o título Orient Express agrupa crónicas da viaxe pola vella Europa. Principia na ex-Iugoslavia, Bulgaria, Grecia, Constantinopla, pasando pola actual Georgia (Tiflis), Armenia: Karakliss, Monte Ararat, Erevan a capital de Armenia e Alexandropol (hoxe de novo Gyumri). Logo narra as viaxes pola histórica Persia ata Iraq, a súa estancia en Bagdad e por último unha incrible marcha de trinta e sete días polo deserto ate chegar a Damasco. O escritor tamén estivo por Arxelia, e Tanger.
Outro bloque das crónicas trata das aventuras por Rusia no ano 1928: impresións sobre o país soviético, Moscú, o Hermitage e outra voltiña máis polo Caucaso e a Georgia.
Por último temos unhas pintorescas visións de España baixo o título “Introducción a Guerra Civil (1916-1937)” onde o autor percorre Madrid, Córdoba, Segovia, Palma de Mallorca e fálanos de personaxes do momento coma Valle-Incán e Giner de Los Ríos.
Tras unha paréntese espacial para falar de Zapata en México e da situación en Guatemala, Dos Passos regresa a España para debuxarnos o xurdimento da II Republica e, logo xa, a situación dun país en guerra na súa estancia en Valencia e Madrid.

One Comment
A vida deste escritor é moi fascinante. Foi todo un aventureiro e coñeceu ós máis famosos escritores da súa época, coma Scott Fitzgerald e Ernest Hemingway.