Di Rafael Reig que de Manhattan Transfer sacou Cela a idea para escribir a Colmena. Gustaronme as desesperanzadas historias dos habitantes de Nova Iorque. As ilusións, as miserias, e tamén a falta de horizontes dalgunhas personaxes. Todo nun estilo moi axil e innovador no seu momento. Técnica do collage, din algúns. Eu vino moi cinematográfico. Por intres era como se estivera vendo unha peli dos anos vinte na televisión. Pode que teña algo de obsesión con este escritor. ¿E que?
Manhattan Transfer
John dos Passos
Mercedes Pacheco-Tradución
Páxinas: 492
ISBN: 84-7824-469-7
Nova York de fondo, vidas cruzadas nunha cidade hostil, hipócrita e traizoeira, baixo a mirada atenta da Estatua da Liberdade. O soño americano dunha multitude de personaxes mergullados na corrupción e miseria dunha metrópole deshumanizada que os asfixia ata a desesperación e o suicidio. Amor e paixón, vida e morte cunha ventá aberta á esperanza. A cidade de Nova York retratada por John Dos Passos está marcada polo materialismo e pola sede de éxito e poder dos seus habitantes. O afán de superación e a loita constante por sobrevivir dos protagonistas da novela activan a complicidade do lector, que se sente dende as primeiras páxinas partícipe das súas vidas e atrapado polos seus destinos. Jimmy Herf, Ellen Thatcher, Fifí Waters, Congo, Joe Harland e outros moitos conforman un mosaico de vidas que teñen en común a cidade que os acolle.
A técnica innovadora coa que está construída esta novela coral, resultante do emprego de recursos cinematográficos, monólogos interiores, fragmentos de cancións populares e anuncios e recortes de prensa, redunda na orixinalidade dunha obra que supuxo un acontecemento literario no seu día e que continúa vixente na actualidade. Cun gran realismo e unha fonda emoción, en Manhattan Transfer reflíctese a dura e ás veces tráxica vida dos emigrantes que chegan cargados de esperanzas a un país de destino onde a realidade non é como imaxinaran.
(Presentación editorial)


Pequeno homenaxe ó “negro” Fontanarossa nos artigos de 

